Benvido/a ao Webblog da Aula CeMIT de Padrón, un aula pública pertencente á  Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (Rede CeMIT) da Xunta de Galicia. 

A Rede CeMIT é un proxecto liderado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) da Xunta de Galicia; Un organismo que aglutina todas as materias vinculadas coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) da Administración autonómica galega e o cal ven realizando unha decidida aposta polo software libre.
 

O CeMIT padronés, abre as súas portas dende o luns 11 de xullo de 2011, coa finalidade primordial de conseguir a alfabetización dixital e a inclusión tecnolóxica dos seus habitantes, os cales se atopan distribuídos nas parroquias de Carcacía (San Pedro), Cruces (Santa María), Herbón (Santa María), Iria Flavia (Santa María) e Padrón (Santiago). 

Nesta sección poderás coñecer a actualidade da túa Aula e o catálogo de actividades (cursos in/formativos e charlas) programados para as próximas semanas. Ademais, e grazas á información de contacto, poderás coñecer a localización exacta da túa Aula CeMIT no concello de Padrón e contactar coa Axente TIC, responsable da xestión e funcionamento da aula e a cal lle poderá informar acerca de todas as actividades planificadas.



Atentamente,

Beatriz Calvo Cobas
Axente TIC da Aula CeMIT de Padrón
cemit.padron@xunta.gal
M. 673 658 009

Rúa Mollet del Vallés, 4-6,15900 Padrón (A Coruña)
Horario de luns a venres de 08:00 á 14:30 h